O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola Ecoloxista

Data e hora

Localización
Casa Común de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
4
Inscribirse

Prazas por persoa
3

Benvid@s a un novo curso da Escola Ecoloxista de Teo!

Comeza un novo curso da Escola Ecoloxista de Teo! Tras un descanso ben merecido durante o verán, volvemos con novos xogos, actividades e rutas que nos permitirán seguir mergullándonos na educación ambiental dende a diversión e o entorno máis próximo. Non perdas a oportunidade de vir probar e pasar unha tarde do máis entretida para darlle a benvida que se merece ao novo curso da Escola. Agardámoste!

Esta actividade farase o sábado 22 de outubro dende as 17:00 horas e ata as 18:30 horas. O lugar de encontro será na Casa Común de Rarís.

Está dirixido a rapazada de entre 10 e 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición agradecémosche que nos avises escribindo a mocidade@teo.gal. Graciñas!
Inscribirse
Escola Ecoloxista

Outros eventos por vir