O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teatro dos Vieiros

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste

Prazas dispoñibles
46
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Benvindas e benvindos ao noso teatro! Presentámosvos un espectáculo de Xoán Curiel e Charo Pita que pon en valor a lingua galega e a cultura popular.

Os protagonistas desta montaxe, un bedel e unha empregada do teatro, sudan frio. Non saben onde meterse. Finalmente, eles mesmos terán que botar man do seu inxenio e improvisar o espectáculo para tranquilizar ao público, do que descoñecen case todo, mesmo o final. Tampouco saben como rematara a súa inaudita xornada laboral. Terá un final feliz ou será tráxico? Nesta obra tamén estarán presentes, sobre todo a través da música, momentos e anécdotas relevantes da vida de Ricardo Carvalho Calero. Teatro, comedia, contacontos, música e moito mais neste espectáculo que parte de contos populares doutra época actualizados e postos en escea para que os nenos e nenas e familias asistentes poidan ter unha experiencia moi positiva da nosa lingua e da nosa cultura tradicional que os motive a socializar e propiciar a comunicación interxeracional no fogar.

Sábado 15 de outubro, 18:00 horas, Auditorio Municipal Constante Liste.

Inscribirse
Teatro dos vieiros

Outros eventos por vir