O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A concellaría de promoción económica de Teo, dirixida por Conchi García, leva semanas traballando no que se agarda sexa unha nova etapa do mercadiño de venda ambulante que se celebra en Cacheiras. Nesta nova andaina o día de celebración do mercado será o venres, polo que dende este 19 de febreiro xa estará funcionando.
Outro cambio fundamental será a ubicación . Os postos que se estaban instalando neste momento facíano no vial que vai dende a estrada AC-841 cara a igrexa de Cacheiras pero calquera incremento no número de postos alí esixía pensar en cortes de circulación e vías alternativas para o tráfico. Para evitar estes inconvintes dende o Concello decidiuse unha ubicación alternativa. Concretamente os postos estarán colocados na vía de servizo que hai na mesma zona, na Travesía de Cacheiras, onde hai espazo para aparcar pero non se interrumpe o tráfico. Trátase dunha nova ubicación e nestes primeiros meses irase valorando a resposta que ten o mercado para ver se esta nova ubicación é suficiente e axeitada.
Neste momento o Concello ten solicitudes xa para a instalación de máis de quince postos de venda e entre os produtos que se poderán atopar haberá textil, calzado, alimentación, flores… O horario de funcionamento do mercado será todos os venres de 09:00 a 14:00 horas.