O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO MANTÉN UNHA REUNIÓN COAS OPERADORAS DE TRANPORTE PARA A POSTA EN FUNCIONAMENTO DA LIÑA INTERIOR

| compartir:

O Concello de Teo sigue dando pasos para a posta en marcha da liña interior de transporte municipal. Esta semana tivo lugar unha reunión na que participaron o alcalde, Rafael Sisto, a concelleira de Transportes, Conchi García e as operadoras implicadas no proceso, Donado Campos, Hedegasa e Castromil. Neste encontro tamén participou o que fora concelleiro de Transportes, e impulsor desta iniciativa, Anxo Rei. 

Na xuntanza as autoridades municipais atoparon receptividade por parte das operadoras e a confirmación de que xa existe un acordo entre elas para a posta en marcha da liña interior, delegando o servizo nunha delas, que compensaría económicamente ás outras empresas implicadas. Á vista desta confirmacion o alcalde xa remitiu unha carta á Dirección Xeral de Mobilidade solicitanto un encontro o antes posible no que participen todas as partes para seguir avanzando.

A prestación do servizo terá un período mínimo de prestación de cinco anos para garantizar a amortización do investimento do operador. 

A liña interior SIMu-STEO 4 é unha figura que recollía o convenio do transporte metropolitano e que o Concello de Teo considerou interesante para mellorar o transporte público. A liña interior deseñada dende Teo pretende ser unha circular que poida vertebrar o Concello facilitando o acceso a equipamentos como a piscina municipal, centros de saúde ou a propia Casa Consistorial. Ademais tamén se busca achegar persoas aos corredores principais onde as frecuencias de viaxes con destino ou saída en Santiago son máis frecuentes. O financiamento desta liña será integramente municipal. 

No mes de decembro pasado representantes de todos os grupos municipais e da plataforma cidadá Teobus reclamaban á Xunta a posta en marcha da liña interior de xeito urxente

teo