O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A primeira hora desta mañá rexistrábase un aviso no Concello por un forte olor a gasóleo na zona de Montouto e Cacheiras. Desprazados á zona persoal da policía local, protección civil e o servizo municipal de Augas de Teo detectouse que se trataba dunha fuga dun depósito de gasóleo de calefacción nun establecemento hosteleiro, que quedou arranxada en torno ás 10:30 horas.
O gasóleo vertido foi pola rede de saneamento polo que se entende que puido chegar ás estacións de bombeo dos Verxeis, Gondelle e á depuradora de Pontevea. Dende o Concello xa se trasladou a incidencia á Augas de Galicia, sección de vertidos.
Os servizos municipais de emerxencias e do servizo de augas traballaron en coordinación co 112, que ofertou colaboración, coa intención de minimizar o impacto do vertido ou os danos na instalación de depuración de augas residuais. De todas maneiras as comprobacións dos técnicos a última hora da mañán indican que a EDAR funciona con normalidade.
Accidente dun camión de bombonas
Por outra banda ó redor das 10:00 da mañá tamén se rexistrou un accidente dun camión de bombonas de butano na zona de Chao do Río, na AC 841. Afortunadamente non houbo danos persoais pero o 112 mantiña aberta a incidencia polo extravío de dúas bombonas que caeran a un regato. Ó redor das 15:30 horas foron localizadas e recuperadas por persoal de Protección Civil de Teo.