O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

MALESTAR NO CONCELLO DE TEO POLA PROHIBICIÓN DE TRÁFICO AO ENTROIDO DOS XENERAIS DA ULLA

| compartir:

O Concello de Teo amosa a súa incomprensión pola decisión da Dirección Xeral de Tráfico de prohibir algunhas partes do itinerario previsto no entroido de Cacheiras desta fin de semana. Este problema xa xurdeu a semana pasada coa organización do entroido de Reis. Diante desta situación dende o Concello, a través da alcaldía, estableceu unha comunicación coa Coordinadora de Tráfico da provincia da Coruña. Sen embargo o marxe de maniobra municipal é escaso por non ser competencia municipal e porque a única resposta que se da dende Tráfico é a que xustifica as prohibicións en temas de seguridade.

Sen cuestionar a importancia da seguridade nun evento destas características, resulta curioso que se leven celebrando anos coa cobertura e coordinación da propia Garda Civil de Tráfico. O da seguridade é un argumento válido e dende logo o Concello así o entende pero parece máis lóxico tentar pór todos os medios para que esta demostración cultural se poida celebrar con garantías e no só pór impedimentos.

 

Dende o Concello tense amosado coas organizacións do entroido de Reis e Cacheiras, afectadas por esta negativa, colaboración e apoio. Sen embargo a decisión última desta autorización non é municipal.

 

O entroido dos xenerais da Ulla tense declarado Festa de interese turístico pola Xunta de Galicia e nos últimos anos os Concellos que contan con este entroido tradicional teñen colaborado na difusión deste evento. Este esforzo resulta inútil e infructuoso se logo as organizacións se atopan con atrancos para poder realizalo con normalidade.

teo