O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O prazo para anotar equipos xa está aberto e permanecerá ata o vindeiro 2 de febreiro. A liga terá categorías masculinas e femininas e desenvolverase no Pavillón municipal de Calo.
O Departamento de Deportes municipal promove esta actividade destinada a fomentar a práctica do baloncesto afeccionado. Esta primeira I Maxiliga de baloncesto acolle equipos formados por entre 3 e 5 integrantes que deben ser maiores de 18 anos. Neste primeiro formato haberá ligas masculina e feminina e, dentro destas, diferenciaranse dúas categorías entre os equipos formados por xogadores ou xogadoras de menos de 30 anos ou de máis.
Para poder participar nesta I Maxiliga os equipos deben inscribirse, ben no Departamento de Deportes do Concello de Teo, ben en Tiro Libre SCQ, na rúa Ramón Cabanillas 11 de Santiago de Compostela, ben no enderezo electrónico compostela@fimbaspain.net. Para o cal deberán entregar o impreso de inscrición de equipo (por duplicado, no caso de que se realice a entrega persoal, xa que servirá de comprobante da preinscrición), o impreso de inscrición de cada xogador e fotocopia do DNI de todos os/as xogadores/as.
Unha vez confirmada a inscrición por parte da organización, deberase realizar o depósito das cantidades sinaladas no Regulamento Maxiliga nun número de conta que se sinalará no momento de confirmarse a inscrición. O custo por participante nesta liga será de 50 euros, distribuídos nun pago de 20 euros para o seguro de cada deportista e 3 pagos de 10 euros para a organización da liga.
Os partidos disputaranse entre as 21 e as 23 horas dos mércores no Pavillón municipal de Calo. A data de comezo está prevista para o 17 de febreiro e a de finalización o 18 de maio. Os partidos terán un tempo máximo de 15 minutos e un tope de puntuación por parte dun dos equipos de 21 puntos.