O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO ENTREGA OS PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira de Cultura, Pilar Faxil, entregaron onte os premios do Concurso de postais de Nadal que se organiza cada ano por estas datas. Máis de 500 cativos/as das escolas infantís e dos colexios de infantil e primaria teense participaron no concurso. De feito unha das cousas que quixo facer constar o xurado foi o agradecemento aos mestres por implicarse nesta iniciativa e animar aos escolares a participar.

Segundo a acta do xurados os premiados/as foron os seguintes. Na categoría A: Paula Ferro Pascual (Escola infantil de Recesende) e a Aula de 0-2 anos da EIM da Ramallosa con accésits; Hugo Citoula do CEIP A Ramallosa levou o 2º premio e Noa Rodríguez do CEIP A Igrexa Calo o primeiro.

 

Na categoría B recibiron accésits Minia Ferro e Ainhoa Recouso do CEIP A Ramallosa; Irati Méndez do CEIP A Igrexa Calo o 2º premio e Noé Carrillo o primeiro. Na categoría C os accésits foron entregados a Inés García-Malvar do CEIP Os Tilos e Carla Feros do CEIP A Igrexa-Calo; o 2º premio foi para Alejandra Guimeráns do CEIP A Ramallosa e o 1º premio levouno Rubén Sánchez do CEIP A Igrexa-Calo.

 

O xurado animou a todos/as os participantes “a seguir do seu labor de transmitir a través dos debuxos e das cores a súa visión da realidade”. Algunhas das imaxes premiadas usaranse para ilustrar a cartelería do Concello coa programación de Nadal e da cabalgata de Reis.

 

Consulta aquí a acta completa

teo