O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O San Martiño este ano non remata o 11 de novembro. A feira si pero a festa non. O sábado 12 teremos a refeira co concerto de Boyanka Kostova. Será na carballeira, ás 21:00 horas de balde. Boyanka Kostova é unha banda galega formada por Cibrán García e Chicho no ano 2016 que presentan unha proposta musical que conecta co trap e coa música urbana. Unha proposta para a xente nova que porá un puno case final á edición do San Martiño deste 22. Case final porque o domingo 13 teremos un magosto reivindicantivo lembrando os 20 anos do Nunca máis.
Agardámosvos en Francos!