O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Preséntase Ollares do San Martiño

| compartir:

As imaxes do San Martiño 21 que realizaron na feira do ano pasado os fotógrafos Noel Feáns, Óscar Corral e Charo Lopes xa teñen o seu espazo virtual para desfrute de todos/as, na web Ollares do San Martiño. Podedes entrar no espazo Ollares do San Martiño premendo aquí

María López, concelleira de Cultura, destaca que "temos unha feira con 500 anos de historia e dende agora un espazo na rede que seguiremos alimentando con testemuño gráfico desta xornada de festa". "Comezamos coas galerías das imaxes espectaculares de Noel, Óscar e Charo pero este ano faremos unha recollida do arquivo sonoro da feira que tamén se subirá a este novo espazo web" indica a concelleira. 

Esta mañá Óscar Corral e Noel Feáns achegáronse á carballeira de Francos para asinar unha das súas imaxes impresas en gran formato, que estarán expostas na carpa municipal ata este domingo. Sen embargo considerouse que para poder dar a coñecer mellor a feira, a través dos "ollares" destes tres artistas o espazo web era máis útil e sinxelo. Deste xeito "en calquera lugar e momento poderase entrar na web sanmartiño.teo.gal e ir vendo o material gráfico sobre a feira do San Martiño" explica López. 

Podedes atopar en redes a Óscar Corral como @oscarcorralfoto, a Noel Feáns como @paisaxesgalegas e a Charo Lopes como @umalopes. 

O ano pasado compartiron as imaxes feitas na feira en tempo real baixo o cancelo #SanMartiñoTeo2021. Dende o Concello animámos ás persoas que veñan á feira a compartir as súas imaxes co cancelo #SanMartiñoTeo2022. 

Podes ver os Ollares do San Martiño premendo aquí

Ollares do San Martiño