O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello está instalando nestes días unha tirolina dobre na urbanización dos Tilos. Trátase dun elemento de xogo para rapazada maior de 5 anos que complementa o espazo de ocio do parque infantil xa que se adica a nenos/as un pouco maiores. Nestes momentos tamén se está traballando na reparación de varias pezas do parque infantil. A tirolina está baixando cara a zona da piscina municipal.
A colocación deste elemento foi comunicada no seu día á asociación de veciños dos Tilos. Nestes días dende o colectivo comentóuselle ao Concello que non están conformes con esta instalación. Dendo o goberno municipal "apostamos por situar nos Tilos este elemento de ocio para a rapazada que xa se instalou noutro lugar do Concello con moito uso por parte das crianzas". Entendemos que poden existir opinións particulares en contra desta actuación ou de outras "mais a xestión municipal planifícase e realízase en función de criterios políticos e técnicos e non en base a queixas veciñais".
Os Tilos ten un censo de 200 crianzas de menos de 14 anos. Os parques infantís como o que hai está pensado para nenos e nenas de 3 a 10 anos e dende o Concello considerouse acaído integrar un elemento de ocio para idades máis avanzadas. O xogo colocado é unha tirolina dobre de 25 metros cunha altura libre de caída de case un metro. Dende o goberno muncipal destácase que a tirolina é un elemento que mellora a oferta lúdica na zona.
Nos Tilos vense de realizar outro investimento importante cos traballos feitos no exterior da Casa Común dos Tilos, onde está a biblioteca. A obra superou os 30.000 euros e nestes días xa se teñen detectadas algunhas pintadas. Aproveitamos para pedir que as persoas sexa respectuosas cos equipamentos públicos.
Dende o goberno municipal tamén se destaca que está solicitada unha subvención para a mellora integral do pavillón municipal dos Tilos. Unha axuda do PIREP: Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos que agardamos se resolva en breve. Nas últimas semanas o Ministerio de Trasnportes, Mobilidade e Axenda Urbana adxudicou a liña 1 destas axudas na que Teo foi beneficiario dunha subvención de algo máis de 400.000 euros para o arranxo da escola unitaria de Cacheiras.