O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello remitiulle a Toysal un requerimento en relación á comunicación previa que presentou o 13 de outubro para a instalación de dous portais na pista que cruza a canteira. Dende os servizos técnicos municipais, unha vez analizada a solicitude da empresa, remitiuse un escrito no que se lle pide que enmenden a solicitude achegando o informe sectorial do titular da estrada DP-0205 que é a Deputación da Coruña e que se complete a memoria técnica cunha definición gráfica máis detallada dos portais que pretende instalar.
Este escrito foi enviado polo Concello o 8 de novembro e a empresa xa respondeu sen achegar a documentación solicitada. Á vista desto dende Urbanismo volveráselle a facer o requerimento no mesmo senso.
Polo tanto neste momento, e mentras non remita a documentación requerida, Toysal no pode pechar a pista.
Por outra banda dende o goberno municipal amósase unha fonda preocupación pola modificación do artigo 35 e a incorporación do artigo 146 bis na Lei do Solo de Galicia (Lei 2/2016) a través da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas que acompañan o proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia do 2023 xa que estas modificacións supoñen a eliminación do papel fiscalizador dos funcionarios municipais no outorgamento de licenzas e permitindo en solo rústico instalacións de xestión e tratamento de residuos sexan públicas (como ata agora) ou privadas.