O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O pleno do Concello, celebrado o 30 de novembro, aprobou unha moción manifestando o rexeitamento da corporación ás modificacións da Lei do Solo de Galicia (Lei 2/2016) nos seus artigos 35.1 e 146 bis. Os cambios que propón o Partido Popular a través do debate da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas que acompañan o proxecto de orzamentos de 2023 da Xunta de Galicia xeran moita preocupación no Concello ao abrirlle a porta a que Toysal solicite de novo unha licenza de actividade para unha planta de xestión de residuos.
Diante desta situación convocouse de maneira extraordinaria e urxente a Comisión informativa especial sobre a canteira da Casalonga para mañá venres 2 de decembro co único punto na orde de día de información sobre esta modificación impulsada polo PP e o impacto que pode ter en Teo. Dende o Concello enténdese que hai que amosar a disconformidade con esta modificación dun xeito claro e inequívoco e advertir que se se consuma a ameaza de Toysal pode convertirse nunha realidade nefasta.
O PP engadiu, no debade da Lei de acompañamento aos orzamentos un novo apartado ao artigo 14 de modificación da Lei 2/2016 (Lei do Solo de Galicia), modificando a letra m) do apartado 1 do artigo 35 da citada lei, permitindo en solo rústico, entre outras, as instalacións de xestión de tratamento de residuos sexan públicas (como ata agora) ou privadas.
Esto abre a vía a que Toysal tramite de novo a solicitude dunha planta e o Concello quede sen argumentos contra esta ubicación. O informe de compatibilidade urbanística realizada polos técnicos municipais contra a planta de biogás da empresa no ano 2018 esgrimía precisamente o citado artigo, que agora se quere modificar.
A moción aprobada onte, cos votos de Son de Teo, PSdeG e BNG, acorda "Esixir da Xunta de Galicia que lexislativamente garanta que en solo rústico non se permitirán instalacións de xestión e tratamentos de residuos de iniciativa ou propiedade privada, xa que botan por terra todos os esforzos municipais e da cidadanía teense para evitar a instalación de plantas de residuos contaminantes no noso concello".
As modificacións da lei do solo tamén afectan á capacidade fiscalizadora da legalidade urbanística por parte dos concellos, un elemento que vai xerar inseguridade xurídica e un baleirado de competencias municipais moi arriscado.
Podes consultar a moción completa premendo aquí
Podes ver a emisión do pleno premendo aquí
Adjunto | Tamaño |
---|---|
mocion modificacion lei do solo.pdf | 937.82 KB |