O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escola Ecoloxista. Persoas que coidan. Presentación de iniciativas locais coidadosas.

Data e hora

Localización
Casa Común de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
8
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Unha nova sesión da Escola Ecoloxista de Teo xa está aquí! Levamos dúas sesións acorpando os coidados, experimentando o ben que senta sentirse coidadx, reflexionando sobre canto coidamos nas nosas vidas e se o estamos a facer ben, e imaxinando como poder ter un planeta máis coidadoso coas persoas e co medio ambiente!

Nesta ocasión, pasamos da imaxinación á realidade e coñecemos iniciativas coidadosas coa terra que xa se están desenvolvendo no noso entorno máis inmediato. Botaremos man da coincidencia na data da celebración do IV Foro Labrego de Agroecoloxía “Coidando o común para soster a vida”, e será unha sesión de seguir abrindo ben os nosos sentidos e deixar voar de novo a nosa creatividade en prol de construír un mundo que sexa moito máis agradable para todxs! Vide con nós a esta sesión, a rapazada tedes moito que dicir!  

Esta actividade farase o sábado 17 de decembro dende as 17:30h e ata as 19:00h. O lugar de encontro será na Casa Común de Rarís. Está dirixido a rapazada de entre 10 e 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.

Inscribirse
Escola Ecoloxista

Outros eventos por vir