O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Celébrase o pleno ordinario do mes de decembro

| compartir:

O mércores 28 de decembro celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Entre os asuntos que se debaterán está a prórroga do convenio para a xestión do Servizo de atención temperá que se realiza co Concello de Ames e conta con financiamento da Xunta de Galicia.

Tamén se votará unha moción do PSdeG-PSOE de rexeitamenteo ao novo proxecto de ampliación da autovía AG-59.

Orde do día completa:

  1. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 1547/2022 do 25/11/2022 á Res 1693/2022 do 22/12/2022).
  2. Dación de conta do cumprimento do artigo 104 BIS da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual.
  3. Dación de conta da nova composición das comisións informativas trala presentación do escrito de data 07/12/2022 (R. E. número 6670) do Grupo Municipal do Partido Popular.
  4. Ditame da ratificación da resolución da alcaldía do 30/11/2022 (Res. 1569/22) de ampliación da prórroda do convenio do SAT.
  5. Ditame da proposta da alcaldía de modificación do proxecto de "Reurbanización da Rúa Rosalía de Castro, Parque Montouto, Parroquia de Cacheiras, Teo", aprobado dentro do POS+Adicional 2/2021.
  6. Ditame da moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE sobre rexeitamento do novo proxecto de ampliación da AG-59.
  7. Mocións.
  8. Rogos e preguntas.

 

concello