O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Operario/a de redes. Estabilización

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Resolución de Alcaldía

Contratar como persoal laboral fixo a Manuel Creo Rial, con DNI nº***9564**, para prover unha (1) praza de capataz de operario de Redes con efectos do día seguinte ao da notificación desta Resolución.

Notificar a presente resolución ao interesado para o seu coñecemento e efectos oportunos e dar traslado ao concelleiro responsable da Área así como aos Departamentos de Intervención e Recursos Humanos.

Publicado en teo.gal o venres, 20 de decembro de 2024.

 

Requirimento documentación operaria/o de Redes, persoal laboral fixo - Proceso estabilización.

Aprobada a proposta do Tribunal respecto da contratación de Manuel Creo Rial, provisto de DNI n.º ***9654**, como persoal laboral fixo, para ocupar a praza de praza de operario de Redes, grupo C2, do Servizo de Augas de Teo.

Notifícase a presente Resolución ao candidato proposto requiríndolle, para que no prazo de vinte (20) días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, presente a declaración responsable e outra documentación.

Publicado en teo.gal o 11 de decembro de 2024.

 

Acta da 4ª sesión do Tribunal do proceso de estabilización 

Tendo en conta o exposto nas bases novena e décima que rexen a convocatoria, proponse á Alcaldía a contratación como operario de redes ao aspirante que superou a proba: MANUEL CREO RIAL DNI ****9654**.

Dáse por rematado o proceso selectivo mediante a publicación da puntuación final total da persoa aspirante do proceso selectivo no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal (www.teo.gal), e elevar a proposta a Alcadía, para a súa de acordo co regulado nas das bases que regulan a convocatoria. 

Publicado en teo.gal o 3 de decembro de 2024.

 

Acta da 3ª sesión do Tribunal do proceso de estabilización 

Publicada a puntuación obtida pola persoa aspirante así coma as respostas correctas do cuestionario tipo test na xunta de goberno local (lugar onde se realizou o exercicio), na páxina web do Concello (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello, concedéndolles un prazo de dous (2) días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións.

Convócase á persoa aspirante, para a celebración do terceiro exercicio correspondente a proba de coñecemento do galego da fase de oposición, o día 27 de novembro ás 11:00 horas na sala de xuntas do Concello de Teo. O tribunal reunirase ás 10:30 horas do mesmo día para determinar o citado exercicio.

Publicado en teo.gal o 25 de novembro de 2024.

 

Acta da 2ª sesión do Tribunal do proceso de estabilización 

Publicada a puntuación obtida pola persoa aspirante así coma as respostas correctas do cuestionario tipo test na xunta de goberno local (lugar onde se realizou o exercicio), na páxina web do Concello (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello, concedéndolles un prazo de dous (2) días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións.

Convócase á persoa aspirante, para a celebración do segundo exercicio da citada fase (proba práctica, non escrita, relacionada coas actividades e funcións habituais do posto a desempeñar, e con arranxo ao programa e materias incluídos na parte específica do temario correspondente ao anexo II das Bases que rexen a convocatoria), o día 25 de novembro ás 11:00 horas na nave do servizo municipal de augas. O tribunal reunirase ás 10:00 horas do mesmo día para determinar o citado exercicio.

Publicado en teo.gal o 20 de novembro de 2024. 

 

Acta da 1ª sesión do Tribunal do proceso de estabilización 

Unha vez constituído o Tribunal coas persoas arriba indicadas, acórdase fixar a data do primeiro exercicio da fase de oposición para o martes 20 de novembro ás 11:00 na Sala de Xuntas do Concello de Teo, e así mesmo, acorda reunirse o mesmo día 20 de novembro ás 10:00h para a preparación do exercicio.

Publicado en teo.gal o 5 de novembro de 2024.

 

Lista definitiva - Proceso de estabilización - Operaria/o de Redes.

Aprobada a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para a provisión dunha (1) praza de operario/a de Redes, persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021 de 28 de decembro.

Convocar ás persoas integrantes do tribunal cualificador para o vindeiro día martes 5 de novembro de 2024, ás 11.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal.

Publicado en teo.gal o 29 de outubro de 2024.

 

LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. OPERARIO/A DE REDES. PERSOAL LABORAL FIXO.

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de operario/a de redes, persoal laboral fixo.

Consulta aquí a listaxe provisional.

As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.

O prazo esténdese do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2023.

 

ANUNCIO NO BOE E APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. OPERARIO/A DE REDES. 

PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NO ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO.

O BOE número 307 do 23 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de operario/a de redes, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de segunda.

Consulta aquí o anuncio completo.

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir, por concurso-oposición, unha praza de operario/a de redes, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de segunda.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación  desta resolución no «Boletín Oficial do Estado». A publicación fíxose o 23 de decembro polo que o prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 26 de decembro de 2022 ao 23 de xaneiro de 2023.

Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso selectivo.

Publicado en teo.gal o 23 de decembro de 2022.

 

ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. OPERARIO/A DE REDES. 

O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.

O anuncio inclúe a convocatoria da praza de operario/a de redes, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de segunda.

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.

 

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NO ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. OPERARIO DE REDES. 

ANUNCIO NO BOP DO 5 DE DECEMBRO DE 2022.

O BOP número 230 do 5 de decembro de 2022 publica o anuncio das Bases xerais e específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro.

Convócase a praza de operario/a de redes, persoal laboral fixo, pertencente ao Servizo de Abastecemento de Aguas, grupo C, subgrupo C2, oficial de segunda.

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1557/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais e específicas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto no artigo 2 da Lei 20/2021, de 28 de decembro mediante o sistema de concurso – oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Consulta aquí as bases xerais e específicas da convocatoria.

Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.