O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A tarde do 5 de xaneiro será, de novo, unha tarde máxica e chea de ilusión para as crianzas en Teo.
A cabalgata deste ano recupera o itinerario dos anos pre pandemia. Os Reis Magos chegan a Teo en tren, ás 16:40 á estación de Osebe. Dende alí, no autobús real, achegaranse ás asociacións de Teo.
No pavillón Ezequiel Mosquera comezarán as actividades ás 18:00 horas mentres se agarda polas súas maxestades, que chegarán sobre as 18:50 horas. A rapazada que se achegue a recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán un agasallo literario, un dos contos infantís dalgunha das autoras teenses que leron os contos nas árbores de noso.