O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende a Concellaría de Educación, dirixida por María López, programouse unha obra que vai mellorar
a seguridade peonil no contorno do IES de Cacheiras. Esta actuación estaba comprometida coa Anpa
dende o pasado verán.
Os traballos estanse realizando durante as vacacións de Nadal para interferir o menos posible co normal funcionamento do centro escolar durante o período lectivo. Vaise facer unha plataforma única e elevada que comeza no aparcadoiro municipal ata a entrada do centro escolar.
Esta nova senda permite que o alumnado vaia todo o tempo separado fisicamente do tráfico rodado dende o lugar no que chegan en bus ou vehículo particular ata o recinto escolar. Este carreiro tamén enlaza cun paso de
peóns elevado coa beiravía que se fixo dende o cruce de Constenla ata o aparcadoiro. Desde xeito tamén se prioriza o acceso a pé de parte da comunidade escolar.
A obra ten un orzamento de case 40.000 euros. A mediados de decembro a concelleira, María López, e persoal
técnico do departamento de Urbanismo achegáronse ao instituto para explicar a actuación prevista ao director do centro, Xosé Manuel Maceira, e á representante da Anpa, Clara Castilla.
Outras obras
Por outra banda aproveitando o paro de Nadal nos centros tamén se van facer melloras na unitaria da Casalonga, completando obras na planta superior coa colocación de calefacción, tarima flotante e pintura. Así mesmo, instaláronse persianas en Recesende e Reis, na Ramallosa pintarase a aula de música ademais de arranxar o muro de peche contra o aparcadoiro que quedou danado nun temporal do outono. Nos Tilos vaise mellorar a impermeabilización do edificio do ximnasio.