O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 29 de xaneiro presentarase o libro sobre a Batalla de Cacheiras do historiador local Guillermo González Raviña. A obra, que leva por título A casa reitoral de Baamonde e a Batalla de Cacheiras afonda sobre os feitos históricos de 1846 dende unha óptica local.
O acto de presentación será no Auditorio Constante Liste ás 17:00 horas e no mesmo tamén se inaugura unha mostra pictórica sobre
a mesma temática con obras, entre outros do mesmo Raviña ou de Paz Camps. Os cadros narran en imaxes e de xeito cronolóxico parte da
historia da Batalla acontecida en Teo o 23 de abril de 1846. Para asistir ao acto podes inscribirte premendo aquí
A mostra poderase ver dende finais de xaneiro ata o 10 de marzo no Auditorio municipal, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas. Vanse organizara ademais visitas guiadas para grupos e público especializado os venres, en horario de mañá e tarde. As persoas interesadas nestas visitas poden escribir a turismo@teo.gal
O libro de Raviña conta a Batalla entre as forzas provincialistas do comandante Solís contra as tropas monárquicas do xeneral De la Concha, centrándose nos acontecementos nos días previos no territorio teense. Tamén é unha obra sobre a Reitoral de Bamonde, un dos escenarios deste capítulo histórico, ao ser o lugar no que pasaron a noite De la Concha e parte das tropas da raíña.
O traballo de Raviña complétase cunha serie de ilustracións propias que recrean os citados acontecementos e que se poderán ver na exposición.