O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Con motivo do 177 Aniversario da Batalla de Cacheiras, e dada a implicación que tivo o noso territorio neste evento, consideramos moi relevante que a poboación teense coñeza de primeira man esta historia.
O Concello de Teo e Os Quinquilláns ofrecen unha ruta dramatizados sobre a Batalla de Cacheiras para o vindeiro 23 de abril. A proposta será unha ruta dende Bamonde ata o miradoiro de Montouto con case 9 quilómetros de percorrido. O actor e actriz farán varias paradas nas que debullarán parte deste acontecemento histórico.
Haberá bus de regreso para ir do alto de Montouto a Bamonde. Trátase dunha ruta de certa dificultade polo que está indicada para persoas adultas acostumadas a camiñar.
Data: Domingo 23 de abril.
Hora: de 10 a 14 horas
Localización: Reitoral de Bamonde