O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Ruta teatralizada Batalla de Cacheiras

Data e hora

Localización
Reitoral de Bamonde
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Con motivo do 177 Aniversario da Batalla de Cacheiras, e dada a implicación que tivo o noso territorio neste evento, consideramos moi relevante que a poboación teense coñeza de primeira man esta historia.

O Concello de Teo e Os Quinquilláns ofrecen unha ruta dramatizados sobre a Batalla de Cacheiras para o vindeiro 23 de abril. A proposta será unha ruta dende Bamonde ata o miradoiro de Montouto con case 9 quilómetros de percorrido. O actor e actriz farán varias paradas nas que debullarán parte deste acontecemento histórico. 

Haberá bus de regreso para ir do alto de Montouto a Bamonde. Trátase dunha ruta de certa dificultade polo que está indicada para persoas adultas acostumadas a camiñar. 

Data: Domingo 23 de abril.

Hora: de 10 a 14 horas

Localización: Reitoral de Bamonde

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición agradecémosche que nos avises escribindo a cultura@teo.gal. Graciñas!
A ruta na que te acabas de inscribir ten un percorrido de 9 Km, con certa dificultade. Nese tramo haberá varias paradas teatralizadas que nas que poderedes sentar, beber ou
comer algo se vos apetecese, a bebida e comida deberedes traela.
Lembra vir con calzado cómodo para camiñar.
Ruta Teatralizada

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES