O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
A nosa última edición das "Andainas ELAS" chega ao seu fin, e que mellor maneira de despedirnos que realizando unha andaina pola zona de Francos e a súa incrible contorna?
Nesta ocasión falaremos sobre as etapas, as despedidas e os peches que supoñen en moitas ocasións. Sabemos que as despedidas son amargas, mais nesta ocasión queremos que esta sexa unha celebración das redes tecidas e do tempo compartido. O bo dos peches son as innumerables novas etapas que estes nos proporcionan.
Vémonos este mércores 26 ás 19.00h da tarde para compartir xuntas, despedirnos e abrir as portas a novas experiencias cheas de aprendizaxes que se suman ás que nos levamos deste tempo compartido!