O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Andainas seguras e saudables para mullerese: Etapas e peches

Data e hora

Localización
Rúa de Francos
Como chegar

Prazas dispoñibles
16
Inscribirse

Prazas por persoa
4

A nosa última edición das "Andainas ELAS" chega ao seu fin, e que mellor maneira de despedirnos que realizando unha andaina pola zona de Francos e a súa incrible contorna?


Nesta ocasión falaremos sobre as etapas, as despedidas e os peches que supoñen en moitas ocasións. Sabemos que as despedidas son amargas, mais nesta ocasión queremos que esta sexa unha celebración das redes tecidas e do tempo compartido. O bo dos peches son as innumerables novas etapas que estes nos proporcionan.

 
Vémonos este mércores 26 ás 19.00h da tarde para compartir xuntas, despedirnos e abrir as portas a novas experiencias cheas de aprendizaxes que se suman ás que nos levamos deste tempo compartido!

Observacións
Vinde con roupa cómoda e protección solar; recordade que si necesitades servizo de canguraxe, tendes que solicitalo no correo cim@teo.gal
Inscribirse
andaina

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES