O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

X Rutas Nocturnas polos Petróglifos Teenses. Solpor polo río Angueira

Data e hora

Localización
Campo da festa de Cornide
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Cultura presenta un ano máis, en colaboración co Colectivo A Rula, as X Rutas Nocturnas polos Petroglifos Teenses.

No mes de agosto teremos una nova sesión da ruta Á Beira do AngueiraSerá día 11 ás 21:30 horas e o lugar de encontro será a Capela de Cornide.

Trátase de una andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.

O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.

A ruta ten unha distancia aproximada de 5 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectante e roupa e calzado cómodo.

Data: Venres 11 de agosto

Hora 21:30 horas

Lugar: Capela de Cornide

Para asistir hai que facer a reserva previa neste mesmo espazo.

A inscrición para esta actividade abrirá o venres 4 de agosto.

 

Observacións
Grazas por participar nesta nova sesisón das Rutas nocturnas polos Petróglifos teenses. Lembra levar roupa e calzado cómodo, chaleco reflectante, lanterna e auga.

É necesario que nos indiquen o DNI e data de nacemento, así como tamén o lugar de procedencia. Poden facelo enviando un correo electrónico a cultura@teo.gal.

No caso de non poder asistir agradecemos que o comuniquen no enderezo electrónico anteriormente citado ou ben no teléfono 981 941 063
PETROGLIFOS

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES