O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
Cultura presenta un ano máis, en colaboración co Colectivo A Rula, as X Rutas Nocturnas polos Petroglifos Teenses.
No mes de agosto teremos una nova sesión da ruta Á Beira do Angueira. Será o día 11 ás 21:30 horas e o lugar de encontro será a Capela de Cornide.
Trátase de una andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.
O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.
A ruta ten unha distancia aproximada de 5 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectante e roupa e calzado cómodo.
Data: Venres 11 de agosto
Hora 21:30 horas
Lugar: Capela de Cornide
Para asistir hai que facer a reserva previa neste mesmo espazo.
A inscrición para esta actividade abrirá o venres 4 de agosto.