O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello inicia mañá as obras de mellora do viario municipal que discorre dende o cruce de Lamas-Urbanización Augas Mansas ata o cruce da rúa do Corgo.
Desta forma, durante os días 20 e 21 de febreiro permanecerá cortada esta vía, aínda que non se verá afectado en ningún momento o transporte escolar.
Procederase ao afirmado e acondicionamento do viario mediante a limpeza de gabias e a mellora da capa de rodaxe. Reasfaltarase a calzada mediante aglomerado asfáltico, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Tamén se procederá á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais.
Ademais, no viario que discorre entre Augas Mansas e Guldrís levarase a cabo un labor de mantemento do firme, mediante unha capa de microaglomerado denso que permita mellorar notablemente a comodidade e seguridade do usuario.