O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Con motivo da convocatoria de eleccións ao Parlamento Europeo, que terán lugar o vindeiro día 9 de xuño, e tal e como establece a normativa electoral, o período de exposición pública do censo Electoral e de presentación de reclamacións será desde hoxe, 22 de abril, e ata o vindeiro luns 29 de abril, ambos inclusive.
Os interesados poderán achegarse ata o Concello para consultar o censo ou chamar, de balde, á Oficina do Censo Electoral para os electores no 900 343 232.
O censo electoral inclúe aos electores que cumpran as seguintes condicións:
Estar empadroado no concello de Teo con anterioridade ao 1 de febreiro de 2024 (data de actualización do censo).
Ter cumprido os 18 anos antes do 10 de xuño do 2024.
Non estar privado do dereito de sufraxio activo.
Ter nacionalidade española.
Información complementaria
A cidadanía que reunindo os requisitos non figuren no censo electoral ou consten con datos erróneos, poderán presentar a correspondente reclamación para estas eleccións unicamente no período de exposición comprendido entre o 22 ao 29 de abril (ambos inclusive).
A resolución das reclamacións realizarase pola Oficina do Censo Electoral nun prazo de tres días a contar dende a súa recepción.
Exclusión da propaganda electoral
No Concello tamén poderedes solicitar o impreso de solicitude de exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos representantes das candidaturas proclamadas para o envío da propaganda electoral.
Así, os solicitantes non recibirán propaganda electoral ás súas casas.