O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Exposición pública do censo electoral polas eleccións ao Parlamento Europeo de 2024

| compartir:

Con motivo da convocatoria de eleccións ao Parlamento Europeo, que terán lugar o vindeiro día 9 de xuño, e tal e como establece a normativa electoral, o período de exposición pública do censo Electoral e de presentación de reclamacións será desde hoxe, 22 de abril, e ata o vindeiro luns 29 de abril, ambos inclusive.

Os interesados poderán achegarse ata o Concello para consultar o censo ou chamar, de balde, á Oficina do Censo Electoral para os electores no 900 343 232.

O censo electoral inclúe aos electores que cumpran as seguintes condicións:

  • Estar empadroado no concello de Teo con anterioridade ao 1 de febreiro de 2024 (data de actualización do censo).

  • Ter cumprido os 18 anos antes do 10 de xuño do 2024.

  • Non estar privado do dereito de sufraxio activo.

  • Ter nacionalidade española.

Información complementaria
A cidadanía que reunindo os requisitos non figuren no censo electoral ou consten con datos erróneos, poderán presentar a correspondente reclamación para estas eleccións unicamente no período de exposición comprendido entre o 22 ao 29 de abril (ambos inclusive).

A resolución das reclamacións realizarase pola Oficina do Censo Electoral nun prazo de tres días a contar dende a súa recepción.

Exclusión da propaganda electoral

No Concello tamén poderedes solicitar o impreso de solicitude de exclusión das copias do censo electoral que se entregan aos representantes das candidaturas proclamadas para o envío da propaganda electoral. 

Así, os solicitantes non recibirán propaganda electoral ás súas casas. 

 

foto