O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

XORNADA MICOLÓXICA E GASTRONÓMICA DO CONCELLO DE TEO

Data e hora

Localización
Casa Común de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
4

Programa 

10.00 h Presentación O reino fungi

10.30 h Presentación Os principais grupos de cogomelos

11.30 h Saída ao campo: identificación e recolección.

14.30 h Xantar campestre

15.45 h Clasificación do recollido durante a saída. Emprego de guías e claves dicotómicas.

17.00 h Cociña ao vivo de cogumelos e degustación co chef Manuel Rey

Trátase dun día completo que se inicia ás 10.00 h cunha charla divulgativa sobre micoloxía e coa proxección dos principais grupos de cogomelos na casa Común de Rarís.

A saída ao monte para a identificación e recolección por especies farase na Devesa de Agromaior. 

O xantar farase na Casa Común de Rarís arredor das 14.30 h. A comida e bebida é a cargo dos participantes.

A xornada da tarde consistirá na clasificación das especies recollidas con emprego de claves dicotómicas e guías. 

A actividade rematará cunha experiencia de cociña ao vivo (showcooking) dunha duración aprox de 2 horas e degustación dos pratos elaborados da mán do restaurador Manuel Rey,  membro do proxecto "Daquí Darredor Saberes, Sabores e Sentimentos"

 

Observacións
Observacións
- Traer caderno e boli para tomar notas. Especialmente durante a segunda presentación, xa que alí recibirán instrucións para empregar as guías dun xeito máis apropiado.
- roupa de abrigo
- chuvasqueiro
- calzado impermeable
- cesta de vimbio ou de castiñeiro
- navalla
- Tupper coa comida propia e bebidas
Listaxe de agarda
XORNADA MICOLÓXICA

Outros eventos por vir