O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Programa
10.00 h Presentación O reino fungi
10.30 h Presentación Os principais grupos de cogomelos
11.30 h Saída ao campo: identificación e recolección.
14.30 h Xantar campestre
15.45 h Clasificación do recollido durante a saída. Emprego de guías e claves dicotómicas.
17.00 h Cociña ao vivo de cogumelos e degustación co chef Manuel Rey
Trátase dun día completo que se inicia ás 10.00 h cunha charla divulgativa sobre micoloxía e coa proxección dos principais grupos de cogomelos na casa Común de Rarís.
A saída ao monte para a identificación e recolección por especies farase na Devesa de Agromaior.
O xantar farase na Casa Común de Rarís arredor das 14.30 h. A comida e bebida é a cargo dos participantes.
A xornada da tarde consistirá na clasificación das especies recollidas con emprego de claves dicotómicas e guías.
A actividade rematará cunha experiencia de cociña ao vivo (showcooking) dunha duración aprox de 2 horas e degustación dos pratos elaborados da mán do restaurador Manuel Rey, membro do proxecto "Daquí Darredor Saberes, Sabores e Sentimentos"