O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

A alcaldesa e o director de Turismo de Galicia analizan distintas actuacións de posta en valor da contorna do Camiño Portugués

| compartir:

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, desprazouse ao Concello para manter un encontro coa alcaldesa, Lucía Calvo, e analizar distintas actuacións para a posta en valor do contorno natural do Camiño Portugués ao seu paso polo municipio.

O director de Turismo de Galicia e a rexedora visitaron distintos tramos que percorren os peregrinos, visitando núcleos municipais como Faramello, no contorno do Albergue de Peregrinos de Teo, pertencente á rede do xacobeo; a Carballeira de Francos e tamén o trazado polas Galanas, próximo ao lavadoiro municipal. Neste senso, cómpre salientar a importancia do mantemento e embelecemento destas zonas que contribúen a xerar unha experiencia dos peregrinos que optan por esta ruta.


 


 


 

FOTO