O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Concellaría de Lingua do Concello de Teo presenta a programación para homenaxear a figura de Carbalho Calero no Día das Letras Galegas. A figura de Ricardo Carvalho Calero é a dun intelectual represaliado tras a Guerra Civil Española, un estudoso da lingua e da literatura galega e un autor polifacético que mostrou as súas ideas de vincular a lingua galega co mundo lusófono, abrindo así unha porta a universalizar a lingua galega por catro continentes. É por isto que a súa figura e as súas ideas ideas, nomeadamente coa apertura ao mundo lusófono e coa universalización da lingua galega, están presentes nas actividades que esta Concellaría propón.
Pílulas musicais para as Letras2020 son unha serie de 9 vídeos onde diferentes artistas musicais nos presentan e fan chegar o seu traballo como unha fórmula para achegarse ao público e celebran xunto con el o Día das Letras Galegas.
Estes vídeos serán distribuídos a través do Facebook do Concello de Teo na semana das Letras a partir do mércores 13 de maio, un ás 11 e outro ás 21 horas e serán unha sorpresa e un agasallo diario para quen desexe visualizalo.
A derradeira entrega será o 17 de maio, Día das Letras Galegas, cunha lista de reprodución completa con todos os grupos e artistas participantes para estas Letras20.
O Concello de Teo quere agradecer a todas as músicas e grupos que participaron desinteresadamente a súa contribución a esta acción, que permitirá visibilizar artistas que empregan o galego no seu traballo diario cunha visión de normalidade para o idioma.
Así mesmo, estas pílulas pretenden ser un medicamento axeitado para manter as relacións persoais e seguir achegando a música ao público nesta época en que a epidemia as está a danar.
Consulta aquí todas as pílulas musicais
Éxito do contacontos dixital
15 familias, preto de medio cento de persoas, participou hoxe da iniciativa Contos por teléfono e outros trebellos co gallo do Día das Letras Galegas. Non foi o mesmo ca abrazarnos e xogar xuntas, pero permitiu que as crianzas que desfrutaron dela se puideran ver e escoitar a contada que Rilo&Penadique nos ofreceron en 3 sesións diferentes co fin de que fose unha participación íntima para as familias.
Grazas a todas por participar e bo Día das Letras Galegas!
Contos por teléfono e outros trebellos
Contos por teléfono e outros trebellos é unha iniciativa de RiloPenadique para que a cultura e os contos populares poidan seguir chegando á cidadanía nestes tempos nos que as relacións presenciais se tornaron complicadas. Vero Rilo e Sonsoles Penadique queren facernos chegar unha contada entrando nos fogares das persoas que queiran participar e mantendo así unha relación co público no directo mediante os dispositivos electrónicos audiovisuais.
O Servizo de Normalización Lingüística de Teo ofreceu esta novidosa actividade para celebrar o Día das Letras en lembranza de Carbalho Calero cunha actuación en directo no teu fogar para manter vivas as relación interpersoais nestes tempos de dificultade, onde os contos e a relación coa lusofonía estarán permanentemente presentes.A iniciativa ía dirixida para familias con crianzas de entre 3 e 9 anos e os grupos foron reducidos.
Así mesmo, a Concellaría de Lingua do Concello de Teo apoia e difunde as actividades que outras entidades como a Real Academia Galega, ou a Associaçom Galega da Língua que entre outras crearon as webs https://carvalho2020.gal/ e http://primaveradasletras.gal/, ou da plataforma Queremos Galego que prosigue coa convocatoria de celebración das Letras Galegas 2020.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Contos por teléfono e outros trebellos.pdf | 37.33 KB |
contosportlf_teo_letrasgalegas.png | 465.41 KB |
Letras Galegas2020.png | 431 KB |