O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello promove dúas actividades para celebrar o Día das Letras desde o fogar

| compartir:

A Concellaría de Lingua do Concello de Teo presenta a programación para homenaxear a figura de Carbalho Calero no Día das Letras Galegas. A figura de Ricardo Carvalho Calero é a dun intelectual represaliado tras a Guerra Civil Española, un estudoso da lingua e da literatura galega e un autor polifacético que mostrou as súas ideas de vincular a lingua galega co mundo lusófono, abrindo así unha porta a universalizar a lingua galega por catro continentes. É por isto que a súa figura e as súas ideas ideas, nomeadamente coa apertura ao mundo lusófono e coa universalización da lingua galega, están presentes nas actividades que esta Concellaría propón.

Pílulas musicais para as Letras2020 son unha serie de 9 vídeos onde diferentes artistas musicais nos presentan e fan chegar o seu traballo como unha fórmula para achegarse ao público e celebran xunto con el o Día das Letras Galegas.

Estes vídeos serán distribuídos a través do Facebook do Concello de Teo na semana das Letras a partir do mércores 13 de maio, un ás 11 e outro ás 21 horas e serán unha sorpresa e un agasallo diario para quen desexe visualizalo.

A derradeira entrega será o 17 de maio, Día das Letras Galegas, cunha lista de reprodución completa con todos os grupos e artistas participantes para estas Letras20.

O Concello de Teo quere agradecer a todas as músicas e grupos que participaron desinteresadamente a súa contribución a esta acción, que permitirá visibilizar artistas que empregan o galego no seu traballo diario cunha visión de normalidade para o idioma.

Así mesmo, estas pílulas pretenden ser un medicamento axeitado para manter as relacións persoais e seguir achegando a música ao público nesta época en que a epidemia as está a danar.

Consulta aquí todas as pílulas musicais

  1. Uxía agasállanos co tema Terra moura.
  2. Os Ataque Escampe agasállannos co tema O que pode un corpo.

  3. Os d´Abaixo agasállannos co tema Pasei pola túa porta.

  4. Desequilibrio Mental agasállanos co tema Ilusión

  5. Leilía agasállanos co tema Cantarelas.
  6. MJ Pérez agasállanos co tema Vai embora!
  7. Xoán Curiel agasállanos co tema Nai.
     
  8. García MC & Nación Quilombo presentan Amor e sangue en Chiapas
  9. A Banda da Loba agasállanos co tema Morra o conto.
  10. Aquí podes consultar a lista de reproducción completa
     

Éxito do contacontos dixital

15 familias, preto de medio cento de persoas, participou hoxe da iniciativa Contos por teléfono e outros trebellos co gallo do Día das Letras Galegas. Non foi o mesmo ca abrazarnos e xogar xuntas, pero permitiu que as crianzas que desfrutaron dela se puideran ver e escoitar a contada que Rilo&Penadique nos ofreceron en 3 sesións diferentes co fin de que fose unha  participación íntima para as familias. 
Grazas a todas por participar e bo Día das Letras Galegas!

Contos por teléfono e outros trebellos

Contos por teléfono e outros trebellos é unha iniciativa de RiloPenadique para que a cultura e os contos populares poidan seguir chegando á cidadanía nestes tempos nos que as relacións presenciais se tornaron complicadas. Vero Rilo e Sonsoles Penadique queren facernos chegar unha contada entrando nos fogares das persoas que queiran participar e mantendo así unha relación co público no directo mediante os dispositivos electrónicos audiovisuais.

O Servizo de Normalización Lingüística de Teo ofreceu esta novidosa actividade para celebrar o Día das Letras en lembranza de Carbalho Calero cunha actuación en directo no teu fogar para manter vivas as relación interpersoais nestes tempos de dificultade, onde os contos e a relación coa lusofonía estarán permanentemente presentes.A iniciativa ía dirixida para familias con crianzas de entre 3 e 9 anos e os grupos foron reducidos.

Así mesmo, a Concellaría de Lingua do Concello de Teo apoia e difunde as actividades que outras entidades como a Real Academia Galega, ou a Associaçom Galega da Língua que entre outras crearon as webs https://carvalho2020.gal/ e http://primaveradasletras.gal/, ou da plataforma Queremos Galego que prosigue coa convocatoria de celebración das Letras Galegas 2020.


 

letras galegas

Arquivos descargables