O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de licitar o contrato para a adquisición de vehículo con etiqueta cero ou eco para a brigada forestal por importe de 40.000 euros. Así, esta actuación está enmarcada na subvención convocada pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través da Orde de 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.
Trátase dun investimento necesario, pois a brigada está a utilizar ano tras ano, vehículos de aluguer que non cumpren coa normativa específica que se lle require aos vehículos de propulsión mecánica con etiqueta cero ou eco, que serían os máis acaídos para desprazarse por entornos naturais, espazos por onde discorren o maior número de desprazamentos desta brigada.
Neste senso, cómpre indicar que a brigada forestal realiza traballos silvícolas, de prevención de lumes forestais e tamén de mantemento de camiños rurais. Estas actuacións representan unha parte integral das funcións desempeñadas por estas brigadas, que desempeñan un papel crucial na conservación e mantemento dos nosos ecosistemas naturais.
Así, a mobilidade é un factor esencial para asegurar unha resposta eficaz e oportuna ante calquera situación que poida poñer en perigo a nosa rica biodiversidade e o patrimonio natural. Polo tanto, a elección dun vehículo con distintivo ambiental ECO ou CERO, emerxe como unha necesidade imperativa e responsable.
Toda a información relativa a este procedemento de licitación está na Plataforma de Contratación do Sector Público.