O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Recepción no Concello aos estudantes de Teo con mellores expedientes na proba da ABAU deste ano

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada pola concelleira de Educación, María Vázquez, recibiu esta mañá no Concello aos estudantes de Teo con mellores expedientes na proba da ABAU deste ano. 

Alí, a rexedora felicitounos polo seu gran logro, resultado da súa dedicación, esforzo e constancia na recta final de Bacharelato. “Sodes un orgullo para Teo”, matizou a alcaldesa, quen tamén felicitou ás familias polos valores inculcados para acadar este rendemento académico de excelencia.

En total foron 12 os alumnos e alumnas, empadroados en Teo, que superaron a nota media de sobresaínte (9) na Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade. 


 

foto