O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A Concellaría de Xuventude, en colaboración coa Concellaría de Cultura, pon en marcha Fábrica de Estrelas, un programa creativo de Nadal pensado para a mocidade de 13 a 16 anos.
Teo conta cunha mocidade chea de talento, enerxía e creatividade, e este obradoiro nace co obxectivo de visibilizar o potencial destas estrelas e ofrecer un espazo de expresión artística e darlle escenario ao seu potencial.
A actividade centrarase nas danzas urbanas, con especial protagonismo para estilos como o K-pop, as danzas urbanas e diversas coreografías temáticas de Nadal.
As sesións desenvolveranse durante as vacacións de Nadal, os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro, así como o 2 de xaneiro, en horario de 17:00 a 18:30 horas, no Auditorio Constante Liste.
Como colofón do programa, ao remate do obradoiro presentarase un pequeno musical, que se estreará durante as datas do Nadal, ofrecendo ao público unha mostra do traballo creativo realizado polas e polos participantes.
O talento novo en Teo medra con forza, e Fábrica de Estrelas nace para celebralo e promovelo.
A inscrición para esta actividade abrirá o mércores 10 de decembro.