O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

“Fábrica de Estrelas”, obradoiro de Nadal dirixido á mocidade

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

A Concellaría de Xuventude, en colaboración coa Concellaría de Cultura, pon en marcha Fábrica de Estrelas, un programa creativo de Nadal pensado para a mocidade de 13 a 16 anos. 

Teo conta cunha mocidade chea de talento, enerxía e creatividade, e este obradoiro nace co obxectivo de visibilizar o potencial destas estrelas e ofrecer un espazo de expresión artística e darlle escenario ao seu potencial. 

A actividade centrarase nas danzas urbanas, con especial protagonismo para estilos como o K-pop, as danzas urbanas e diversas coreografías temáticas de Nadal.

As sesións desenvolveranse durante as vacacións de Nadal, os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro, así como o 2 de xaneiro, en horario de 17:00 a 18:30 horas, no Auditorio Constante Liste.

Como colofón do programa, ao remate do obradoiro presentarase un pequ­eno musical, que se estreará durante as datas do Nadal, ofrecendo ao público unha mostra do traballo creativo realizado polas e polos participantes.

O talento novo en Teo medra con forza, e Fábrica de Estrelas nace para celebralo e promovelo. 

 

A inscrición para esta actividade abrirá o mércores 10 de decembro.


 

fabrica de estrelas

Outros eventos por vir