O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Houbo un tempo, non hai tanto, no que os hospitais psiquiátricos non eran lugares de atención á saúde mental, senón espazos de confinamento e control social. Sobre todo se eras unha muller. Nais solteiras, alcohólicas ou mulleres novas que mantiñan relacións sexuais fóra do matrimonio eran candidatas ideais para acabar confinadas entre os seus muros, a miúdo traídas polos seus maridos, pais ou irmáns.
Este obradoiro propón recuperar as súas memorias e historias traballando cos rexistros médicos, a correspondencia e as historias familiares dos case 500 arquivos conservados entre 1885 e 1936 no Manicomio de Conxo (Santiago de Compostela), un centro ao que acudían internas de toda a nosa terra.
Ao longo de dúas horas rastrexarase os perfís dalgunhas destas mulleres e, a continuación, traballarase de maneira práctica coa correspondencia e as historias familiares como fiestras a través das cales descubrir a memoria das mulleres "tolas" máis alá do discurso médico hexemónico.
O obradoiro farase cun mínimo de 10 participantes e haberá servizo de canguraxe cun mínimo de 4 solicitudes no correo cim@teo.gal
Non é necesario ter leído o libro para participar no obradoiro!!!!!