O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

OBRADOIRO AS TOLAS QUE NON O ERAN

Data e hora

Localización
Biblioteca dos Tilos
Como chegar

Prazas dispoñibles
15
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Houbo un tempo, non hai tanto, no que os hospitais psiquiátricos non eran lugares de atención á saúde mental, senón espazos de confinamento e control social. Sobre todo se eras unha muller. Nais solteiras, alcohólicas ou mulleres novas que mantiñan relacións sexuais fóra do matrimonio eran candidatas ideais para acabar confinadas entre os seus muros, a miúdo traídas polos seus maridos, pais ou irmáns.

Este obradoiro propón recuperar as súas memorias e historias traballando cos rexistros médicos, a correspondencia e as historias familiares dos case 500 arquivos conservados entre 1885 e 1936 no Manicomio de Conxo (Santiago de Compostela), un centro ao que acudían internas de toda a nosa terra.

Ao longo de dúas horas rastrexarase os perfís dalgunhas destas mulleres e, a continuación, traballarase de maneira práctica coa correspondencia e as historias familiares como fiestras a través das cales descubrir a memoria das mulleres "tolas" máis alá do discurso médico hexemónico.

O obradoiro farase cun mínimo de 10 participantes e haberá servizo de canguraxe cun mínimo de 4 solicitudes  no correo cim@teo.gal 

Non é necesario ter leído o libro para participar no obradoiro!!!!!

Inscribirse
obradoiro

Outros eventos por vir