Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico

XORNADAS DE EXALTACIÓN DA ARTESANÍA TEENSE

Data e hora

Localización
Casa Común Marisa Mirás, en Calo (Teo)
Como chegar

A Asociación Cultural de Artesanía de Teo ARTENEO organiza as Xornadas de exaltación da artesanía teense con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía.

Durante catro xornadas, o público poderá achegarse ao traballo de diferentes artesáns e artesás a través de obradoiros participativos, demostracións en directo e unha charla divulgativa, poñendo en valor a creación artesanal e os oficios tradicionais.

As actividades desenvolveranse na Casa Común Marisa Mirás, en Calo, e permitirán coñecer de primeira man técnicas de xoiería, carpintería, téxtil ou construción de instrumentos musicais, ademais de participar activamente na elaboración de pezas.

Programa

Mércores 8 de abril

  • Montaxe da exposición “Escaparate colectivo Arteneo” (SpacioB)
  • Obradoiro de elaboración de botóns de fío
    • Álex Regueiro
    • 17:00 a 20:00 h | 10 persoas (adultos)

Xoves 9 de abril

  • Obradoiro de carpintería: realización dun tallo
    • Tres Oficios
    • 10:00 a 13:30 h e 16:30 a 20:00 h | 5 persoas (adultos)
  • Demostración: realización de xoias con filigrana
    • Brigantia Orfebres
    • 17:00 a 20:00 h

Venres 10 de abril

  • Demostración: realización de xoias con refugallos de louza
    • Ferraxe de Prata
    • 10:30 a 13:30 h
  • Demostración: construción dunha pandeireta
    • Iago Salgado
    • 17:00 a 20:00 h
  • Obradoiro de construción dun pínfano de cana
    • Oli Xiráldez
    • 17:30 a 19:30 h | 10 persoas (maiores de 13 anos)
  • Charla: “A construción de réplicas de instrumentos de vento históricos”
    • Oli Xiráldez
    • 20:00 a 21:00 h

Sábado 11 de abril

  • Obradoiro de xoiería: aprende a facer o teu fouciño xoia
    • Ferraxe de Prata
    • 10:00 a 14:00 h | 5 persoas (adultos)
  • Obradoiro de carpintería para nenos: realización dun lapiseiro
    • Tres Oficios
    • 16:00 a 20:00 h | 5 persoas (a partir de 8 anos)
  • Obradoiro de xoiería: realización de colgante de prata con texturas
    • Brigantia Orfebres
    • 16:00 a 20:00 h | 5 persoas (adultos)

 

 

Observacións
Público destinatario: Público xeral (segundo actividade: adultos e/ou nenos/as).
Prezo: De balde.
Inscrición
Para participar nos obradoiros é necesaria inscrición previa a través do correo electrónico:
📩 asociacionarteneo@gmail.com
As prazas son limitadas segundo o aforo indicado en cada actividade.
As demostracións e a charla son de acceso libre ata completar capacidade.
Organiza
Asociación Cultural de Artesanía de Teo (ARTENEO)
Colabora
Concello de Teo · Artesanía de Galicia · Xunta de Galicia

POST
Información PDF

Outros eventos por vir