Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
A Asociación Cultural de Artesanía de Teo ARTENEO organiza as Xornadas de exaltación da artesanía teense con motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía.
Durante catro xornadas, o público poderá achegarse ao traballo de diferentes artesáns e artesás a través de obradoiros participativos, demostracións en directo e unha charla divulgativa, poñendo en valor a creación artesanal e os oficios tradicionais.
As actividades desenvolveranse na Casa Común Marisa Mirás, en Calo, e permitirán coñecer de primeira man técnicas de xoiería, carpintería, téxtil ou construción de instrumentos musicais, ademais de participar activamente na elaboración de pezas.
Mércores 8 de abril
Xoves 9 de abril
Venres 10 de abril
Sábado 11 de abril
| Attachment | Size |
|---|---|
| Cartaz_Xeral_Xornadas_Europeas_Artesania_v7.pdf | 1.26 MB |