O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O mércores 27 de xaneiro celébrase o pleno ordinario deste mes ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Os puntos principais da sesión son as propostas de obras e investimentos recollidas para o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal ( Plan único de Concellos) "POS+ 2021" e para o POS+ Adicional 1/2021 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.
O POS adicional para gastos sociais extraordinarios supón un investimento provincial de 222.441 co que se reforzará o persoal do servizo así como incrementar as axudas de emerxencia ou ampliar servizos coma o SAF ou a conciliación.
O Plan Único dos Concello, segundo a proposta que se votará no pleno, terá unha partida de case 400.000 euros para financiamento de gasto corrente. Respecto dos investimentos recóllense obras nos viarios municipais de Chaves, Fornelos,Ínsua e San Domingos así como a reurbanizacióin do núcleo de Castro (Calo). Na mesma proposta vai o Plan complementario do ano 2021 cunha obra de saneamento e pavimentación en Casalonga ademais da reurbanización da rúa Rosalía de Castro en Parque Montouto.
Orde do día completa:
Adjunto | Tamaño |
---|---|
PROPOSTA ALCALDÍA POS ADICIONAL GASTOS SOCIAIS.pdf | 97.95 KB |
PROPOSTA ALCALDÍA POS 2021.pdf | 171.13 KB |
CONVOCATORIA PLENO ORD. 27.01.2021.pdf | 46.79 KB |