O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno votará a proposta de obras e investimentos do POS

| compartir:

O mércores 27 de xaneiro celébrase o pleno ordinario deste mes ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Os puntos principais da sesión son as propostas de obras e investimentos recollidas para o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal ( Plan único de Concellos) "POS+ 2021" e para o POS+ Adicional 1/2021 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. 

O POS adicional para gastos sociais extraordinarios supón un investimento provincial de 222.441 co que se reforzará o persoal do servizo así como incrementar as axudas de emerxencia ou ampliar servizos coma o SAF ou a conciliación. 

O Plan Único dos Concello, segundo a proposta que se votará no pleno, terá unha partida de case 400.000 euros para financiamento de gasto corrente. Respecto dos investimentos recóllense obras nos viarios municipais de Chaves, Fornelos,Ínsua e San Domingos así como a reurbanizacióin do núcleo de Castro (Calo). Na mesma proposta vai o Plan complementario do ano 2021 cunha obra de saneamento e pavimentación en Casalonga ademais da reurbanización da rúa Rosalía de Castro en Parque Montouto. 

Orde do día completa: 

  1. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da 1184/2020 á 56/2021). 
  2. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal ( Plan único de Concellos) "POS+ 2021". 
  3. Ditame da proposta da alcladía de aprobación do POS+ Adicional 1/2021 para o financiemento de gastos sociais extraordinarios. 
  4. Mocións. 
  5. Rogos e preguntas.