O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

TÚNEL DOS VIÑOS DA RIBEIRA DO ULLA (D.O. RÍAS BAIXAS)

Data e hora

Localización
Praza Cultural do San Martiño
Como chegar

Prazas dispoñibles
41
Inscribirse

Prazas por persoa
2

O Túnel dos viños da Ribeira do Ulla propón un percorrido para descubrir os viños do noso territorio da man das propias adegas.

Cada adega participante presentará dous viños. Os adegueiros e adegueiras ou os seus representantes explicarán as características de cada elaboración e atenderán as preguntas das persoas asistentes.

O público irá pasando polas distintas mesas para catar os viños da subzona Ribeira do Ulla da DO Rías Baixas e coñecer de preto o traballo de quen os elabora.

Esta actividade é posible grazas á colaboración do Concello de Vedra, da Comisión Organizadora da Festa do Viño da Ulla e de todas as adegas participantes, ás que agradecemos que se sumen ao San Martiño para compartir os seus viños e o seu traballo co público da feira.

Mércores 11 de novembro, de 13.15 a 15.00 h.
Praza Cultural do San Martiño · Carballeira de Francos.

Observacións
O acceso á carpa institucional, onde se desenvolverá a actividade, realizarase por orde de chegada, en grupos de dez persoas. Pregamos acudir ao punto de encontro con 10 minutos de antelación para organizar a recepción e a entrada dos grupos.
Inscribirse
tdvru

Outros eventos por vir