O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Túnel dos viños da Ribeira do Ulla propón un percorrido para descubrir os viños do noso territorio da man das propias adegas.
Cada adega participante presentará dous viños. Os adegueiros e adegueiras ou os seus representantes explicarán as características de cada elaboración e atenderán as preguntas das persoas asistentes.
O público irá pasando polas distintas mesas para catar os viños da subzona Ribeira do Ulla da DO Rías Baixas e coñecer de preto o traballo de quen os elabora.
Esta actividade é posible grazas á colaboración do Concello de Vedra, da Comisión Organizadora da Festa do Viño da Ulla e de todas as adegas participantes, ás que agradecemos que se sumen ao San Martiño para compartir os seus viños e o seu traballo co público da feira.
Mércores 11 de novembro, de 13.15 a 15.00 h.
Praza Cultural do San Martiño · Carballeira de Francos.