O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Ruta da fervenza do Tella

Data e hora

Localización
CASA DO CONCELLO
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Deportes presenta o Carreiro do mes de febreiro, a ruta da fervenza do Tella. Trátase dunha andaina circular con saída e chegada na Casa do Concello, na Ramallosa. Andaremos pola beira do río Tella  e do rego das Laxes, así como por paraxes das aldeas de Vilanova, Tarrío, A Pedra, Os Verxeis....

A ruta está indicada para maiores de 10 anos e terá preferencia a xente empadroada no Concello de Teo. É necesario levar calzado axeitado (botas de sendeirismo). É unha andaina pensada para facer unha práctica deportiva de intensidade media/baixa e fomentar o hábito saudable da andar ao aire libre así como favorecer a interacción social entre a veciñanza.

Inscrición gratuíta do 1 ao 15 de febreiro para persoas empadroadas no Concello de Teo. De quedar prazas dispoñibles, os días 16 e 17 de febreiro abrirase un prazo para o resto da xente interesada.

AVISO. INSCRICIÓN COMPLETA. 

Observacións
Unha vez comprobados os datos no Padrón de Habitantes antes do día 15 de febreiro, confirmarase a inscrición nesta ruta no correo-e de contacto desde o que se enviou a solicitude. No caso de non estar empadroado a confirmación da praza farase do mesmo xeito entre os días 16 e 17 de febreiro.
No caso de querer anular unha inscrición, débese enviar un correo-e a deportes@teo.gal comunicando os datos das persoas que serán dadas de baixa.
Calquera cambio de última hora no desenvolvemento da actividade comunicarase a través da web do Concello e das súas RRSS.
ruta da fervenza do tella

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES