O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Deportes presenta o Carreiro do mes de febreiro, a ruta da fervenza do Tella. Trátase dunha andaina circular con saída e chegada na Casa do Concello, na Ramallosa. Andaremos pola beira do río Tella e do rego das Laxes, así como por paraxes das aldeas de Vilanova, Tarrío, A Pedra, Os Verxeis....
A ruta está indicada para maiores de 10 anos e terá preferencia a xente empadroada no Concello de Teo. É necesario levar calzado axeitado (botas de sendeirismo). É unha andaina pensada para facer unha práctica deportiva de intensidade media/baixa e fomentar o hábito saudable da andar ao aire libre así como favorecer a interacción social entre a veciñanza.
Inscrición gratuíta do 1 ao 15 de febreiro para persoas empadroadas no Concello de Teo. De quedar prazas dispoñibles, os días 16 e 17 de febreiro abrirase un prazo para o resto da xente interesada.
AVISO. INSCRICIÓN COMPLETA.