O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publicamos o comunicado conxunto da Fegamp, Xunta de Galicia, Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, EDUCO, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz y el Desarme y la Libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, coas recomendacións para axudar á poboación Ucraína de forma eficaz.
As entidades arriba mencionadas, acordan difundir as seguintes recomendacións para axudar á poboación Ucraína de forma eficaz:
Polo tanto:
1- Recomendamos canalizar a axuda á cidadanía a través de doazóns económicas mediante as diferentes Organizacións Non Gobernamentais (ONGD) Humanitarias que traballan na zona, así como a través de organismos humanitarios especializados.
As seguintes organizacións/organismos que traballan no terreo fixeron chamamentos para realizar doazóns:
Médicos del Mundo: https://www.medicosdelmundo.org/ayuda-ucrania
Entreculturas: https://www.entreculturas.org/es/home
Educo: https://www.educo.org/landing/emergencia-ucrania
Farmacéutidos Mundi: https://farmaceuticosmundi.org/solidaridad-con-ucrania/
Ayuda en Acción: https://colabora.ayudaenaccion.org/espana/es/emergencia-ucrania
Para máis información pódense consultar as seguintes ligazóns:
2- Desaconsellamos as doazóns en especie, ao resultar menos eficiente este tipo de axuda e constituír unha mala práctica no ámbito da axuda humanitaria.
Tamén informamos que no BOE está publicada a orde que desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-3715
Dispoñen de máis información na seguinte ligazón do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións: https://www.inclusion.gob.es/es/ucrania/index.htm
Adjunto | Tamaño |
---|---|
comunicadoconxuntocrisehumanitariaucraina.pdf | 593.09 KB |