O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Recomendacións para canalizar a solidariedade co pobo ucraíno

| compartir:

Publicamos o comunicado conxunto da Fegamp, Xunta de Galicia, Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, EDUCO, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz y el Desarme y la Libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, coas recomendacións para axudar á poboación Ucraína de forma eficaz. 

As entidades arriba mencionadas, acordan difundir as seguintes recomendacións para axudar á poboación Ucraína de forma eficaz: 

  • A solidariedade é, sen dúbida, unha das características máis relevantes da cidadanía galega. 
  • Na actual crise provocada polo conflito bélico en Ucraína, unha vez máis, as mostras de solidariedade son constantes. Nestes días estamos a recibir numerosos ofrecementos de axuda, gran parte deles consistentes en doazóns en especies de materirias. 
  • En situacións como a actual faixe máis necesario, se cabe, que a axuda humanitaria chegue ás persoas que o necesiten sen prexudicar os mercados e canles locais, sen poñer en perigo nin aos actores humanitarios nin á poboación beneficiaria e tratando de minimizar o impacto ambiental. 
  • As organizacións humanitarias especializadas en terreo son as encargadas da avaliación das necesidades, que varían en cada momento, para adecuar os seus chamamentos de axuda. Neste senso, os bens materiais doados en Galicia poden resultar non adecuados ás necesidades da poboación e da situación humanitaria e loxística en terreo. 
  • Os bens doados de xeito particular están a supoñer custos administrativos e dificultades loxísticas engadidas (transporte, recepción, almacenamento, distribución, etc. ) para as institucións que as xestionan. 
  • Ademais, a doazón internacional dalgúns produtos, como os medicamentos, está sometida a uns estritos protocolos que restrinxe as doazóns por parte de particulares. 
  • Actualmente é difícil a garantía de corredores humanitarios estables que permitan a distribución e acceso seguros, pese aos esforzos de negociación das organizacións de carácter humanitario coas partes en conflito. 
  • Os problemas desta crise humanitaria manteranse ao longo do tempo e as axudas serán necesarias non só neste momento do conflito, senón ao longo da súa duración, así como na etapa de reconstrución. 
  • Agradecendo estes ofrecementos brindados á poboaicón afectada por esta crise humanitaria, en consonancia coa Oficina de Acción Humanitaria (OAH) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), recomendamos que a nosa solidariedade sexa canalizada a través de axudas económicas dirixidas ás ONGD internacionais humanitarias presentes na zona mostrando a nosa confianza na súa xestión. 

Polo tanto: 

1- Recomendamos canalizar a axuda á cidadanía a través de doazóns económicas mediante as diferentes Organizacións Non Gobernamentais (ONGD) Humanitarias que traballan na zona, así como a través de organismos humanitarios especializados.

As seguintes organizacións/organismos que traballan no terreo fixeron chamamentos para realizar doazóns: 

Médicos del Mundo: https://www.medicosdelmundo.org/ayuda-ucrania

Entreculturas: https://www.entreculturas.org/es/home

Educo: https://www.educo.org/landing/emergencia-ucrania

Farmacéutidos Mundi: https://farmaceuticosmundi.org/solidaridad-con-ucrania/

Ayuda en Acción: https://colabora.ayudaenaccion.org/espana/es/emergencia-ucrania

Para máis información pódense consultar as seguintes ligazóns: 

2- Desaconsellamos as doazóns en especie, ao resultar menos eficiente este tipo de axuda e constituír unha mala práctica no ámbito da axuda humanitaria. 

 

Tamén informamos que no BOE está publicada a orde que desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína:  https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-3715

Dispoñen de máis información na seguinte ligazón do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións: https://www.inclusion.gob.es/es/ucrania/index.htm

 

bandeira

Arquivos descargables