O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Xornada de portas abertas en emerxencias e seguridade (de 11 a 16 anos)

Data e hora

Localización
Casa Común de Oza

Prazas dispoñibles
14
Inscribirse

Prazas por persoa
5

O concello de Teo en colaboración con Fuego y Mar Formación, así como as distintas entidades e organismos que se dedican ás emerxencias, urxencias e a seguridade pública, celebran as primeiras xornadas de portas abertas en materia de seguridade e emerxencias.

Para participar na actividade é imprescindible que unha persoa adulta responsable acompañe á menor durante a xornada para coidar da súa seguridade.

O horario da actividade prolongarase entre as 11.00 e as 18.00 horas. Tendo en conta esta amplitude horaria, a organización ofrecerá bocadillos para as participantes que o desexen, no caso de ter algunha alerxia ou incompatibilidade alimentaria será conveniente que traian o necesario para a alimentación durante a actividade.

O concello pretende que sexa un escaparate para dar a coñecer os servizos dispoñibles, o material que utilizan e, mesmo poder falar cos profesionais que realizan o seu labor día a día no ámbito das emerxencias e a seguridade.

Doutra banda, estas xornadas están pensadas aumentar a formación e a seguridade dos participantes ao evento, tanto sexan nenos/as que participan activamente nos talleres de formación, como persoas adultas que estean interesados en ver de preto o labor das profesionais a través de charlas e simulacros.

Actividades:

  • Os corpos e organismos asistentes impartirán charlas, simulacros e talleres.

  • Talleres para as crianzas da familia na área destinada para eles, sempre a cargo de profesionais. Este persoal será voluntario e dispoñen de recursos socioculturais e de animación.

  • Talleres de supervivencia marítima, loita contra incendios domésticos, así como a súa prevención, formación básica en primeiros auxilios, manobras.

A inscrición abrirase o luns 22 de agosto.

Inscribirse
112

Outros eventos por vir